Wednesday 08 de May de 2024

A Piscina Municipal de Brión sorteou unha Cesta de Nadal en favor de Down Compostela


A piscina municipal de Brión organizou un sorteo solidario dunha Cesta de Nadal en favor da asociación Down Compostela. Silvia Fadeville, directora da piscina brionesa, explica que “é a primeira vez que facemos algo semellante e decidimos darllo a alguén próximo. Se organizamos un maratón de baile a prol de Brión Solidario, agora quixemos facer este acto con Down Compostela, xa que son clientes e traballamos con eses rapaces”.

Silvia Fadevile amósase moi satisfeita coa participación da veciñanza, que compraron as participacións a dous euros. A gañadora da cesta foi a brionesa Montse Fernández. Finalmente, dende a piscina municipal de Brión agradecen a colaboración na iniciativa de Indoorwall Santiago de Compostela, Lacanela, Andhrea & The Black Cats, Lindodente e o Concello de Brión.